Aja, das Pirañas ás Cobras

0
147

O director Alexander Aja (Piranha 3D, The Hills Have Eyes) ven de seleccionar o seu seguinte proxecto, que será unha adaptación ao cinema do manga e série de debuxos animados orixinal de Buichi Terasawa Cobra: The Space Pirate.

A franquía será un proxecto de grande orzamento con acción real de ciéncia-ficción, ambientada nun futuro onde as naves espaciais comerciais e os despiadados bandoleiros navegan polo espazo. Cobra é un famoso e cruel pirata que está á procura dun grande botín e alía-se cun cazador que tamén busca un tesouro perdido en Marte.

A série de debuxos animados foi moi pupular en Europa nos anos 80, e por iso Aja coñece bastante ben a franquía. El mesmo e mais Gregory Levasseur escribirán o guión e serán os produtores, xunto a Marc Sessego e Alexandra Milchan.