Os perigos do número 11

0
168

O produtor Wayne Rice e mais o cineasta Darren Lynn Bousman (autor de várias secuelas de Saw, así coma de Repo! The Genetic Opera) unirán as súas forzas en 11 11 11, unha nova versión terrorífica do movemento espiritual e numeroloxista do 11:11.

A teoría paranormal afirma que o sinificado do número 11 é moi grande nas nosas vidas, e así específicamente trata de alertar á xente de que os anxos e os gardiáns do cosmos tentan comunicar-se connosco mediante este número. Dado que o 11 de novembro (o mes 11) de 2011 será venres, a data de estrea do filme xa está fixada para entón.

O guión, que está a escribir Bousman, parte da ideia de que o Ceo ás 11 horas e 11 minutos do 11 de novembro de 2011 abrirá as súas 11 portas e algo (por suposto moi malo) procedente do outro mundo entrará na nosa dimensión. O raro é que non estará connosco só 11 minutos, senón 49.

O tón do filme pretende misturar Signs con The Strangers (ou sexa, terror atmosferico mais ca gore) e quere a toda costa diferenciar-se do filme de Jim Carrey O número 23, que tamén trataba de teorías numerolóxicas.