Guionistas para TMNT

0
146

Os guionistas de Iron Man Art Marcum e Matt Holloway veñen de seren contratados para escribir o filme do relanzamento da franquía das Tartarugas Ninja para a Paramount Pictures e mais a Platinum Dunes.

O filme en acción real está baseado na orixe das famosas tartarugas loitadoras contra o crime e tentará axustar-se o mais posíbel aos cómics orixinais de mediados dos anos 80.

Pola súa banda, os guionistas de Ed Wood Scott Alexander e Larry Karaszewski serán os encargados de redactar o libreto da vindeira película de Tim Burton, The Addams Family.

O proxecto será unha adaptación filmada co sistema de stop-motion dos debuxos orixinais de Charles Addam que inspiraron a clásica série de televisión dos anos 60. Burton será asemade o produtor do vindeiro proxecto da mesma parella de guionistas, Big Eyes, que vai sobre a batalla legal da artista Margaret Keane nos anos 60 pola propriedade da súa obra.