O lendário animador xaponés Hayao Miyazaki (Spirited Away, Ponyo) está a desenvolver a súa primeira secuela directa para a súa produtora, a Studio Ghibli.
As novas apuntan a que será unha secuela dun dos seus filmes con menos éxito, a película de aventuras de 1992 Porco Rosso, que ía sobre un pilot ode combate italiano durante a Primeira Guerra Mundial que foi transformado máxicamente nun porco por un meigallo e que agora traballa coma cazarrecompensas protexendo barcos no mar Adriático das bandas de foraxidos e piratas.
A secuela, titulada Porco Rosso: The Last Sortie, estará ambientada durante a Guerra Civil Española e terá a un persoaxe masculino como protagonista do filme. A aventura oixinal estaba protagonizada por Porco Rosso e por unha rapaza enxeñeira de aviación.
Ainda non se teñen novas sobre cando podería estar listo o filme para a súa estrea. A vindeira produción da Ghibli, The Borrower Arrietty, estreou-se o mes pasado en Xapón e non se sabe se chegará a se estrear no resto do mundo.