O director de filmes de debuxos animados Chris Wedge (responsábel de Ice Age e Robots) seica quere facer o seu debut coma realizador con actores de carne e óso na adaptación ao cinema da novela de Kirsten Bakis Lives of the Monster Dogs.
A história está ambientada nunha remota vila canadiana povoada por cans hiperintelixentes produto da enxeñería xenética desenvolvida por científicos tolos prusiáns. Os cans, que son bípedos e poden falar, vólven-se contra os seus amos e acaban no moderno New York onde un estudante fai unha crónica das súas glamurosas vidas. A história tomará un xiro dramático cando as criaturas volvan ao seu estado animal durante periodos cada vez mais e mais longos.
Adam Kline (Artemis Fowl) escribirá o guión e Wedge producirá a través da súa empresa, a WedgeWorks, que contará co apoio da 20th Century Fox. Wedge está nestes intres na produción doutra adaptación, a da novela para nenos de William Joyce The Leaf Men and the Brave Good Bugs.