Loita polo amor de Spiderman

0
238

Imogen Poots, Ophelia Lovibond e Lily Collins son as máximas candidatas para e facer co papel da namorada de Spiderman no vindeiro filme que relanzará a orixe deste persoaxe da Marvel Comics nas pantallas grandes grazas á Sony Pictures.

O que cómpre salientar é que o persoaxe de Mary Jane Watson (a quen deu vida Kirsten Dunst na triloxía orixinal) non será definitivamente a namorada de Peter Parker (Andrew Garfield). Ainda non se sabe se esta rapaza será a outra clásica moza de Parker nos cómics, Gwen Stacy, ou se será un novo persoaxe creado paraa ocasión.

O trío de actrices candidatas úne-se asemade ás outras duas que están en liza, Teresa Palmer e Emma Roberts. Mary Elizabeth Winstead tamén estivo entre as preseleccionadas pero seica o seu nome xa non está na listaxe.

As probas coas actrices ainda non deron comezo, así que de todos os xeitos non está claro se a que finalmente gañe o papel está entre as cinco actuais candidatas ou se unirá á listaxe durante as vindeiras semanas. A rodaxe non dará comezo até o mes de decembro.