A sombra do ceo

0
150

A Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema unha triloxía de novelas de ciéncia-ficción co-escritas polo guionista David Goyer e mais por Michael Cassutt.

A triloxía comeza co descobremento do que semella ser un meteorito que se dirixe cara á Terra. E mentres os governos loitan por interceptar o obxecto, os astronautas fan un descobremento que os levará a un perigoso encontro cunha raza alieníxena pouco amigábel.

Goyer producirá e adaptará o guión do primeiro libro da série, titulado Heaven’s Shadow, e que se publicará o vindeiro verán. Os seguintes dous libros, Heaven’s War e Heaven’s Fall aparecerán en 2012 e 2013.