Jessica Alba en Spy Kids

0
193

Jessica Alba está a negociar a súa incorporación ao vindeiro filme de Robert Rodriguez, Spy Kids 4: All the Time in the World na Dimension Films.

Os tres filmes orixinais estiveron protagonizados por Alexa Vega e Daryl Sabara no papel dos fillos dos pais superespías (Antonio Banderas e Carla Gugino). Esta nova longametraxe porá os seus ollos sobre unha nova família, con Alba no papel dunha espía retirada e reconvertida en ama de casa, pero que de súpeto debe ser reactivada.

Alba ten un bebé e dous fillos preadolescentes, que se converterán na vindeira xeración de Nenos Espía. O resto do reparto estará formado polo home de Alba, un xornalista lixeiramente friqui e mais un supermalvado chamado The Timekeeper (O Gardián do Tempo).

Agárda-se que Banderas, Vega e Sabara teñan unha pequena participación. O filme, en 3D e cun orzamento que estará por baixo dos 30 millóns de dólares, comezará a se rodar en Austin, Texas, o mes que ven, con Rodríguez unha vez mais coma director e guionista.