As pirañas regresarán

0
163

A Dimension Films está xa a desenvolver unha secuela do seu recente filme Piranha 3D, que ven de se estrear hai uns días.

Ainda que o seu orzamento foi de 24 millóns de dólares e na súa estrea só puido acadar un decepcionante 6º lugar, a recadación non vai de todo mal e xa leva 10 millóns recuperados nunha soa semana, con algúns países onde mesmo chegou ao primeiro posto. O abraiante do caso é que as críticas dos especialistas poñen ao filme bastante ben, chegando mesmo a un incríbel 82% de aceptación no sempre hipercrítico sítio Web Rotten Tomatoes.

Alexandre Aja (The Hills Have Eyes) dirixiu a primeira entrega, pero non se sabe se regresará para a segunda, da que tan só se teñen novas vagas. Mark Canton será o produtor.