Protección de testemuñas

0
179

Os estudos Walt Disney veñen de adquirir os dereitos sobre un guión de Ahmet Zappa (o fillo do mítico músico Frank Zappa) e de Michael Wilson titulado Monster Witness Relocation Program.

O guión seica está baseado nunha ideia orixinal de Zappa, que mais ou menos pode vencellar-se á novela para nenos do mesmo Zappa The Monstrous Memoirs of a Mighty McFearless, e da que a mesma Disney adquiriu os dereitos hai moitos anos.

Aquel libro ía sobre dous rapaces, irmán e irmá, que descrubren que descenden dunha longa liñaxe de cazadores de monstros, e deberán aprender rápido todo sobre o negócio familiar cando o seu pai sexa secuestrado e deban enfrontar-se á mais diabólicacriatura do universo.

A produtora Overbrook Entertainment, da que é propietário o actor e empresário Will Smith, será a encargada de realizar o proxecto, que podería converter-se nun potencial primeiro chimpo ao cinema coma actor protagonista de Jaden Smith, o fillo de Will, que xa tivo a súa oportunidade en The Karate Kid.