A LucasFilm demanda aos creadores do Jedi Mind

0
223

A empresa do creador da saga da Guerra das Galáxias, George Lucas, ven de interpoñer unha demanda na que esixe 5 millóns de dólares en compensación por danos contra unha compañía que pretende sacar ao mercado unha tecnoloxía que permitirá usar o computador coa forza da mente.

Os demandados son Jedi Mind, Inc., que veñen de producir uns cascos inalábricos que detecan as ondas cerebrais tanto a nivel consciente coma inconsciente do usuário, o que lle permitirá xogar videoxogos e usar aplicacións informáticas tan só co pensamento.

A tecnoloxía relembra o famoso “truco mental jedi” que aparece nas películas da Guerra das Galáxias, polo que os Jedis poden influir noutras persoas dun xeito non-violento. Pero seica o truco non funcionou con Lucas, cuxa empresa, a LucasFilm, enviou unha carta en maio de 2009 esixindo que non se utilizase o nome “Jedi Mind”, cousa que non cumpriu a demandada, que ademais ten outros dous produtos con nomes semellantes, tirados da saga cinematográfica: Jedi Mouse e Think Tac Toe.

A LucasFilm ten os dereitos sobre as marcas rexistradas Jedi Knight, Jedi Power Battles e Jedi Training Academy, pero non directamente sobre Jedi Mind e outras semellantes.