Catro rumores fantásticos

0
235

Os plans da 20th Century Fox para relanzar a franquía dos Catro Fantásticos continúan adiante e xa se sabe que o novo filme estará listo para escomezar a se rodar o ano que ven e estrear-se para o verán de 2012.

Os rumores apuntaban a semana pasada cara a que Adrien Brody e Amber Heard poderían converteren-se en Mister Fantastic e Sue Storm respectivamente. O sábado algúns médios fixéron-se eco doutro rumor, segundo o cal o protagonista de True Blood, Stephen Moyer, podería ser o Doutor Doom e que aparecería governando o seu país, Latvéria.

Ademais, os mesmos médios informaron que Alice Eve está na lista de candidatas a ser Sue Storm, mentres que o protagonista de 90210, Kevin Pennington, podería interpretar a Johnny Storm.

E a princípios desta semana outros médios que apuntan á mesma Fox din que Joe Carnahan (The A-Team, Smokin’ Aces), David Yates (Harry Potter 5-7, State of Play: The Mini-Series) e James McTeigue (Ninja Assassin, V for Vendetta) son a estas alturas os candidatos para se sentar na cadeira de director deste filme.

E entre os rumores mais interesantes está o de que a Fox podería estar interesada en Bruce Willis para que lle poña a súa voz ao persoaxe da Cousa, que neste filme seráun persoaxe xerado por computador e non un actor real coma nas dúas primeiras entregas.