Untamed ao cinema

0
202

O produtor Lloyd Levin (Watchmen, Hellboy) ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a vindeira série de cómic de Sebastian A. Jones The Untamed, publicada pola Stranger Comics.

A história descríbe-se coma un conto de fantasía escura que vai sobre un home que fai un pacto co demo para ser ceibado do inferno durante sete días, durante os cales deberá procurar vinganza contra as persoas que o mataron a el e mais á súa família. A súa procura pola vinganza podería converter-se nunha redención cando se lle conceda unha segunda oportunidade de tomar a decisión correcta, mesmo a costa de perder a súa alma.

Jones, Levin e Andrew Sugerman serán os produtores. Andrew Cosby fará o seu debut coma director grazas a este proxecto.