O actor John Cusack ven de revelar por médio da súa conta en Twitter que el é o elixido para interpretar ao lendário escritor Edgar Allan Poe nun filme que polo de agora leva o título provisório de Raven (O Corvo).
Nos últimos informes, James McTeigue (V for Vendetta) estaba a ser considerado coma posíbel director deste filme, que reimaxina ao escritor coma un xusticeiro que está a mediados do século XIX á caza dun asasino en série, o que á súa vez lle servirá de inspiración para as súas histórias.
O filme está ambientado durante a semana final de vida de Poe en 1849, un tempo no que o escritor desapareceu durante vários días e no que non se sabe o que lle aconteceu, até que foi atopado vagando polas rúas de Baltimore cunha grande angústia e repetindo o nome de Reynolds antes de morer vários días despois no hospital.
Hannah Shakespeare e Ben Livingston escribiron o guión.