Gotham City contará con dous Batman

0
205

Nightwing, o antigo Robin, converterá-se en Batman na nova entrega das aventuras do vingador encapado, polo que Gotham City contará asemade con dous Batmans entre os seus ilustres cidadáns, segundo informou antonte a editorial DC Comics.

Un só Batman xa non é abondo para loitar contra os malvados inimigos de Gotham City e os editores do superheroe decidiron que Nightwing se enfunde para sempre a capa escura e mais a máscara do home morcego para realizar o seu traballo.

Está preparada Gotham City para dous Batman? O está o mundo?“, preguntaban-se os responsábeis da DC Comics na súa páxina Web, onde anunciaron a nova volta de rosca na história de Batman, ún dos persoaxes de cómic mais populares do mundo dende que apareceu en 1939. O resultado poderá-se ver o vindeiro novembro, cando se poña á venda Batman Inc., un cómic no que se poderá ver aos dous antigos compañeiros (Nightwing foi o antigo Robin) vestidos da mesma maneira.

Non é a primeira vez que Dick Grayson, nome real de Nightwing, pon-se o uniforme de Batman, cousa queten feito moitas veces ao longo das aventuras destes dous persoaxes. Pero a DC asegura que esta vez é adefinitiva e que non hai volta atrás. Ademais, nesta nova etapa súma-se dos dous Batmanun novo Robin: Damian, o problemático fillo de Bruce Wayne.

Os responsábeis da editorial DC Comics, propiedade da Warner, explicaron ademais que, coa inclusión de Damian no cómic, os amantes das histórias do coñecido superheroe poderán seguir a relación que pai e fillo manteñen actualmente.