O sudafricano Jonathan Liebesman (Battle: Los Angeles) será o director da secuela de Clash of the Titans na Warner Bros. Pictures.
Liebesman xurdiu coma candidato o pasado mes de xuño para sustituir a Louis Leterrier, quen nun princípio ía ser tamén director da segunda parte. Nombergantes, os cartos e a mala percepción do resultado final da primeira entrega fixeron que Leterrier renunciase.
Greg Berlanti (Green Lantern), Dan Mazeau (The Flash) e David Leslie Johnson (Red Riding Hood) foron contratados para escribir o guión deste filme, que será rodado xa dende o princípio en 3D, e non coma a primeira parte, quese rodou en 2D pero foi pasado a 3D sobre a marcha. Os estudos teñen a intención de escomezar a rodaxe xa no mes de xaneiro.
Sam Worthington e Gemma Arterton regresarán con case total probabilidade aos seus papeis protagonistas.