Aronofsky e Lobeto

0
224

O nome de Darren Aronofsky (Pi, Black Swam) está a soar fortemente coma posíbel director de X-Men Origins: Wolverine 2, o filme que continuará as aventuras en solitário do mutante Lobeto na 20th Century Fox.

Segundo as últimas novas David Slade (The Twilight Saga: Eclipse) e Robert Schwentke (RED) eran os principais candidatos para se faceren con trabllo, pero agora Schwentke foi desbotado e Aronofsky ocupa o seu posto.

Slade é ainda considerado o favorito para dirixir, pero Hugh Jackman (o protagonista do filme) ten moita influenza na decisión final e xa traballou antes con Aronofsky na longametraxe The Fountain en 2006.