Rami Malek o vampiro

0
183

O prometedor xoven actor Rami Malek (Noite no Museo) é a nova incorporación ao reparto do filme dividido en dúas partes The Twilight Saga: Breaking Dawn.

Malek interpretará a Benjamin, un membro dun grupo de vampiros exípcios que ten a habilidade de controlar os elementos: aire, auga, lume e terra. O seu grupo viaxa a Forks, Washington a axudar ao clan dos Cullen na súa batalla contra os Volturi.

A rodaxe dará comezo a finais deste ano en Louisiana baixo a dirección de Bill Condon.