Dwayne Johnson e Verne

1
206

Dwayne Johnson está a negociar a súa incorporación ao reparto do vindeiro filme da New Line Journey 2: The Mysterious Island, que será a secuela do éxito de 2008 Journey to the Center of the Earth 3D.

No primeiro filme, baseado mais ou menos no clásico de Jules Verne Viaxe ao centro da Terra, Brendan Fraser interpretou a un científico que descubre un mundo nunca antes visto en comapañía do seu sobriño Sean (Josh Hutcherson) e unha guía (Anita Briem).

Fraser non regresará nesta secuela, por mor de problemas coa súa axenda de traballo, pero Hutcherson repetirá o seu papel. Johnson fará o papel do mozo da nai de Sean, que é obrigado a acompañar a Sean nunha viaxe para atopar ao seu abó perdido nunha mítica e monstrosa illa.

Nos vindeiros días os estudos darán a coñecer quen son os outros tres protagonistas principais do filme e quen son os actores elixidos para interpreta-los. Coma na anterior entrega, este filme será rodado en 3D e o guión estará baseado aproximadamente nunha novela de Verne, neste caso A Illa Misteriosa.

Brad Peyton será o director, mentres que Beau Flynn, Charlotte Huggins e Tripp Vinson producirán. A rodaxe escomezará xa no mes de outubro en Carolina do Norde e Hawaii.

1 comentário

Comments are closed.