Discriminación zombi

0
189

Os actores Scarlett Johansson e Joseph Gordon-Levitt comezan a soar mais ou menos vencellados á nova comédia de zombis Breathers: A Zombie Lament que prepara a Fox Searchlight.

A guionista gañadora dun Oscar Diablo Cody (Juno, Jennifer’s Body) escribiu o argumento, que vai sore un home morto que é reanimado coma zombi. Axiña decatará-se que ser un cidadán morto nesta sociedade sinifica estar discriminado e carecer dos dereitos mais elementais.

Ainda non hai drector para este proxecto. Pola súa banda, a mesma Cody está a traballar no guión de Young Adult que contará coa participación de Charlize Theron e Jason Reitman.