Sandman, série de TV

921

A Warner Bros. TV está en conversas con vários guionistas e produtores para adaptar á pequena pantalla en forma de telefilme a lendária série de cómic de Neil Gaiman dos anos 90 The Sandman. Como máximo candidato na listaxe está Eric Kripke, creador da série da canle The CW Supernatural, que deixou após de rematar a quinta tempada o pasado maio.

The Sandman é un cómic que vai sobre as aventuras de Soño (ou Morfeo), o Señor do Mundo dos Soños, que é retido coma prisioneiro durante setenta anos nun escuro ritual. Após de fuxir, regresa ao seu reino, que decaiu a un pésimo estado durante a súa longa auséncia. Agora deberá levar a cabo algunhas reparacións, para o cal terá que se comportar dun xeito distinto ao habitual nel, un ser inmortal que leva vivindo no mundo miles de millóns de anos.

A série combina diversos elementos da mitoloxía, o terror, acontecementos históricos e mesmo humor absurdo. Entre os outros persoaxes da série está a súa irmá a Morte, que é unha roqueira punk gótica, os seus animais axudantes que falan, e o inmortal Coríntio, que ten duas bocas no lugar dos ollos.

A propiedade xa estivo por se converter nun filme aló nos anos 90, pero a série, de 75 números, contén arcos argumentais tan complexos que se considerou que sería mais axeitado para o formato de série de televisión. A HBO e mais James Mangold tentaron desenvolver a série pasada década, pero sen éxito.

Kripke ten moito interese neste novo intento, pero sabe que o cómic conta con moitísimos fans, que foi aclamado polos críticos artísticos e intelectuais, mesmo polos mais afastados do mundo do cómic, e que o resultado da súa adaptación pasará polo estrutínio severo de moitos ollos, que mesmo se preguntan se tal adaptación é posíbel.