McAvoy ou Cruise?

958

Tanto James McAvoy coma Tom Cruise semellan estar no punto de mira do director Guillermo del Toro para protagonizar a súa adaptación ao cinema da clásica novela de terror de H.P. Lovecraft Nas Montañas da Loucura.

Os rumores din que McAvoy sería o favorito dos estudos Universal, mentres que del Toro querería contar con Tom Cruise. Sexa quen sexa o elixido, deberá interpretar o papel do xeólogo William Dyer, o líder dunha expedición científica á Antártida que atopa as ruinas dunha antiga civilización na metade dunha xigantesca chaira entre montañas formidábeis.

A adaptación está producida por James Cameron pero ainda non ten unha data de seu nas axendas dos estudos. Polo de agora só se conta coa segunda metade do ano que ven, xa que depende de moitos factores, entre os que está, obviamente, a elección dos protagonistas.