Neverland ao teatro

0
166

The WallA produtora The Weinstein Co. ven de anunciar un cobizoso plan que suporá o desenvolvemento de dous novos proxectos para o teatro, que comezará axiña cunha versión musical de Finding Neverland en 2010, e continuará cunha representación do álbum de Pink Floyd The Wall.

Finding Neverland, baseado no filme de 2004 da Miramax sobre a história após do escenário da creación por J.M. Barrie de Peter Pan, conta cun libreto de Allan Knee, o escritor inglés a partir de cuxa obra adaptou-se o filme. A música será do duo Grey Gardens que compoñen Scott Frankel e mais o letrista Michael Korie.

Pola súa banda, Roger Waters, o creador e líder do grupo Pink Floyd, será o encargado xunto co escritor e guionista Lee Hall (Billy Elliot) de adaptar The Wall a partir do álbum de culto, que xa foi a base dun filme de 1982 de Alan Parker.