Unha secuela de Unbreakable

1260

M. Night Shyamalan ven de revelar que a terceira entrega na súa particular série de filmes de terror “Night Chronicles” tomará prestados moitos elementos do primeiro guión que fixera para unha secuela de Unbreakable.

Mentres promocionaba o seu mais recente filme, Devil, Shyamalan dixo: “Utilicei moitas das ideias da secuela de Unbreakable para unha das Night Chronicles. Era unha ideia moi boa para un vilán, e estaba no guión orixinal de Unbreakable, así que xa era moito. Había demasiados viláns, así que saquei a este e foi coma se me dixera “utilizarei-no para o seguinte filme”. Aclarei-no mais e mais e pensei “Esta podería ser unha película por si soa!”. Así que teñoque dici-lo: a terceira entrega de Night Chronicles é o que tería sido a secuela de Unbreakable“.

O proxecto polo de agora non ten un título. O primeiro filme da saga, Devil, estréa-se este 17 de setembro. O segundo, Twelve Strangers, será para o ano que ven.