Destino Final para Emma Bell

759

Emma Bell (Frozen, The Walking Dead) ven de se facer co papel principal na quinta entrega da exitosa saga de terror Final Destination.

Esta vez o desastre inicial que dá pe ao resto do argumento é unha ponte colgante que se desmorona. Bell úne-se a un reparto no que xa figuran Miles Fisher, Arlen Escarpeta, Nicholas D’Agosto, Ellen Wroe, Meghan Ory, P.J. Byrne, Tony Todd e David Koechner.

Steven Quale dirixirá a partir dun guión de Eric Heisserer. A rodaxe dará comezo en Vancouver este 13 de setembro e a estrea será para o mes de agosto do ano que ven.