Após de dar cabida na súa programación a adaptacións doutros grandes clásicos da fantasía coma O Meigo de Oz de L. Frank Baum e a Alícia no País das Marabillas de Lewis Carroll coas séries de 2007 Tin Man e de 2009 Alice, a canle temática Syfy e mais o guionista e director Nick Willing unirán as súas forzas unha terceira vez noutra minisérie, que esta vez levará á pequena pantalla a outro dos inesquecíbeis persoaxes da fantasía de todos os tempos: o Peter Pan de J.M. Barrie.
Baixo o título Neverland, o proxecto de catro horas servirá coma precuela de Pan. Charlie Rowe é o protagonista no papel de Peter Pan, Rhys Ifans coma James Hook, Anna Friel coma Capitán Elizabeth Bonny, Raoul Trujillo, e Bob Hoskins coma Smee (Hoskins fixo o mesmo papel no filme de Spielberg Hook).
Nesta versión, Peter é un orfo nas rúas a finais do século XIX en Londres, e é utilizado coma carteirista polo seu mentor Jimmy Hook. Xuntos rouban un tesouro máxico e son transportados ao mundo máxico de Nunca Xamais onde atopan xente procedente de várias épocas.
A Parallel Films producirá o proxecto en asociación coa canle Syfy e mais a Sky Movies HD. A rodaxe dará comezo a semana que ven en Xénova, Itália e Dublín, coa ideia de se emitir na tele o ano que ven.