O Quixote morre outra vez

0
163

Case dez anos despois do seu desastroso primeiro intento, a segunda oportunidade de Terry Gilliam de rodar The Man Who Killed Don Quixote ven de se esmagar contra os muíños unha vez mais.

A financiación desapareceu hai un mes e médio. Eu non debería estar aquí. O plan era estar rodando o Quixote agora mesmo“, dixo Gilliam no decurso do Festival de Cinema Deauville American a pasada semana. O mes pasado xa chegaran novas de que a financiación do filme estaba a pasar por un bache profundo, que agora semella xa imposíbel de solventar.

Gilliam nombergantes ainda ten intención de facer algún día o filme. “Robert Duval é o Quixote, Ewan McGregor está tamén aí, e estamos a procurar novas fontes de financiación“, engadiu apenado.