Thirlby no Xuíz Dredd

0
216

Olivia Thirlby (Juno) será a actriz que dea vida a Cassandra Anderson no vindeiro relanzamento en 3D do Xuíz Dredd que prepara a DNA Films.

O persoaxe é unha telépata novata que sondea a Dredd nesta adaptación ao cinema de 45 millóns de dólares do persoaxe futurista que protagonizará Karl Urban no papel do axente da lei e da xustiza que tenta manter limpas as rúas de Mega-City One.

A produtora IM Global ven de emitir un comunicado oficial no que dá conta da sinopse do argumento, todo elo no decurso do Toronto Film Festival onde pretenden vender os dereitos a semana que ven. Segundo a sinopse, Mega City One é o derradeiro resto de civilización na Terra, e alí Dredd é o mais temido dunha elite de xuices que teñen o poder de xulgar e aplicar a lei no mesmo acto. A produtora quere recuperar o tón escuro dos cómics nesta nova versión.

Pete Travis (Vantage Point, Omagh) dirixe un guión de Alex Garland (Sunshine, 28 Days Later). A rodaxe escomezará en Sudáfrica a finais deste ano.