A gravidade de Portman

0
159

Natalie Portman ven de recebir unha oferta formal para interpretar o papel protagonista na vindeira película en 3D de Alfonso Cuarón, o thriller de ciéncia-ficción Gravity na Warner Bros. Pictures e mais na Legendary Pictures.

Ambientada durante unha misión de reparación en órbita, a história vai sobre unha parella de astronautas que deben sobrevivir após dunha explosión que mata ao resto da tripulación. Robert Downey Jr. é o actor masculino principal.

O papel feminino neste filme, que conta cun orzamento de 80 millóns de dólares, será moi complicado de facer porque o persoaxe aparece na pantalla durante moito tempo. Angelina Jolie rexeitou duas veces interpreta-lo.

Portman deberá agora lér o guión e agárda-se a que tome unha decisión durante a semana que ven. A rodaxe do filme está prevista para escomezar en xaneiro.

Portman está a recibir unhas estupendas críticas polo seu mais recente papel no cinema, após de que o filme Black Swam, dirixido por Darren Aronofsky, se estrea-se a pasada semana.