Guionista para Oblivion

0
190

O guionista gañador dun Oscar William Monahan (The Departed, Kingdom of Heaven) ven de ser contratado para adaptar ao cinema a novela gráfica Oblivion pola Disney Pictures.

Ambientada nun futuro apocalíptico onde a maior parte da xente vive no ceo, xa que a superfície da Terra volveu-e inahbitábel, un soldado atrapado na terra debe sobrevivir reparando drons de caza adicados a buscar e destruir aos membros dunhs raza alieníxena salvaxe. Pero axiña atopará a unha fermosa muller cuxa nave ven de se estrelar preto e xuntos comezan unha aventura épica.

Joseph Kosinski (Tron: Legacy) dirixe este proxecto que ainda non ten fixada unha data de comezo da produción. Agárda-se que o éxito nas billeteiras de Tron teña un impacto positivo nesta longametraxe, que deberá agardar a ter luz verde até ese intre.