Sommers adapta a Koontz

0
161

Stephen Sommers (A Múmia, Van Helsing) será o encargado de dirixir unha adaptación ao cinema da série de libros de terror de Dean Koontz Odd Thomas.

As novelas van sobre Odd, un home que posúe unha espécie de magnetismo psíquico e tenta facer o que está da súa man por axudar ás almas perdidas na vila de Pico Mundo no deserto californián, onde tamén traballa coma cociñeiro dun pequeno restaurante.

Hai dous anos o mesmo Koontz, un escritor caracterizado polas súas novelas mediocres ou directamente pésimas, pero que adoitan ser best-sellers case sempre, dera a nova da posíbel adaptación ao cinema e que viña de recebir un guión baseado no seu libro. Daquela mesmo dixera que un actor do que non quixo dar o nome xa estaba fichado para interpretar ao persoaxe principal. Ainda non se sabe quen era ese actor, se é que algunha vez existiu.