Os diários da traza

0
165

Scott Speedman, Lily Cole, Sarah Gadon e Sarah Bolger son os nomes dos actores que integrarán o reparto da longametraxe de terror gótico The Moth Diaries para a Strada Films, a Mediamax e mais a Samson Films.

Baseada na novela de debut de Rachel Klein, Bolger interpretará a unha nena nun internado de elite que se fai amiga de dúas compañeiras de coléxio (Gadon e Cole) e namóra-se do seu profesor de inglés (Speedman). A novela na que está baseada o filme é unha história de vampiros publicada en 2002.

Mary Harron (American Psycho) será a directora deste filme, cuxa rodaxe xa escomezou hai uns días en Toronto e que estará lista para a post-produción o mes que ven. Sandra Cunningham, Karine Martin e David Collins son os produtores.