A censura chinesa, de novo

0
194

The HostA compañía produtora coreana Chungeorahm e mais a produtora estatal chinesa Stone Man Films coproducirán unha secuela chinesa do filme de monstros coreano Gwoemul (O Monstro), que contará cun guión de coa dirección do chinés Ning Hao (Crazy Stone).

O filme orixinal, que foi contemplado por máis de 12 millóns de persoas no seu país de orixe e recadou 38,7 millóns de euros, era un filme de terror con monstros e cunha crítica política de fondo.

O novo filme deberá facer un forte recurte do seu guión orixinal a fin de evitar completamente calquera crítica ao governo comunista chinés. A história orixinal ía sobre unha calamidade ocasionada cando a xente, cobizosa polos cartos, ignora a presenza dun maléfico monstro.