Hansel e Gretel regresan

0
230

O actor protagonista de The Hurt Locker Jeremy Renner e mais a actriz sueca Noomi Rapace (a Lisbeth Salander da triloxía orixinal de Millenium) veñen de obter os papeis titulares na comédia fantástica e terrorífica Hansel And Gretel: Witch Hunters na Paramount Pictures.

Nunha recente entrevista con Renner na 67ª Biennale di Venezia o actor confirmou a súa contratación, así coma a de Noomi Rapace no papel de Gretel. No filme, ambos nenos son xa adultos, pero están enmeigados e adícan-se a cazar bruxas.

O realizador noruegués Tommy Wirkola (Dead Snow) fará o seu debut cun filme en língua inglesa que desenvolverá a súa acción quince anos despois de rematado o popular conto de fadas escrito polos irmáns Grimm.

Dante Harper axudou a modelar o guión, mentres que o tón do filme será unha sátira dos filmes de terror, mais ou menos cómica, ao xeito de Evil Dead 2 e Shaun of the Dead.