Wanted e Monsters únen-se

0
185

Gareth Edwards, o director da moi anunciada película independente Monsters, aínda por estrear, axuntará as súas forzas co realizador de Wanted, o ruso Timur Bekmambetov, nunha nova película de ciéncia-ficción.

O proxecto, do que ainda non se sabe moito, foi descrito coma “unha história humana épica, ambientada nun mundo futuro sen humanidade“. O mesmo Edwards escribirá o guión, e logo encargará-se de procurar uns estudos que o produzan.

Edwards será o director e Bekmambetov o produtor xunto a Jim Lemley.