David o rei en 3D

0
150

O guionista John Fusco (Forbidden Kingdom, Hidalgo) escribirá o libreto da película de acción en 3D Day of War para a GiantKiller Pictures.

Baseada na novela do veterán ex-militar Cliff Graham, o primeiro libro da súa série “Lion of War”, a história vai sobre o famoso persoaxe fantástico David, un pastor de cabras que aparece mencionado nuns libros sagrados dalgunhas antigas relixións e que segundo os mitos xudeos chegou a se converter nada menos ca en rei de Israel.

David L. Cunningham (The Path to 9/11) será o director, mentres que Grant Curtis (Spiderman) encargará-se da produción. A compañía pretende que esta filme sexa o primeiro dunha saga e poder converte-la nunha franquía coa que poder levar á pantalla grande os outros tomos da série orixinal de novelas.