Proyas no Paradiso Perdido

0
196

O realizador Alex Proyas (Knowing, The Crow) ven de asinar o contrato que o compromete a dirixir a adaptación ao cinema do clásico poema épico do século XVII de John Milton O Paradiso Perdido para a Legendary Pictures.

O clásico poema trata da caída en desgraza de Satán, o rei dos demos, após de tentar a Adán e mais a Eva e acadar que fosen expulsados do xardín do Edén. Esta adaptación tentará fornecer cun toque mais hollywoodense ao famoso demo, convertendo o filme nunha película de acción que posíbelmente sexa rodada en 3D.

Byron Willinger e Philip de Blasi escribiron o boceto orixinal, Stuart Hazeldine desenvolveu a maior parte do mesmo, e Lawrence Kasdan e Ryan Condal remataron de puli-lo. Scott Derrickson (The Day the Earth Stood Still) era o director que até de agora estaba vencellado a este proxecto.

Vincent Newman, Thomas Tull e Jon Jashni serán os produtores deste filme, que non debe confundir-se cunha produción rival de baixo orzamento anunciada pola Granite Entertainment e mais a STV Networks a primeiros do ano pasado.