Continúa a Hora Escura

0
166

A rodaxe do filme The Darkest Hour en 3D sobre unha invasión extra-terrestre nas rúas de Moscú reanudou-se por fin hai uns poucos días, coa produción da New Regency e mais a Summit Entertainment.

A rodaxe, que escomezara a meiados de xullo, tivera que ser interrumpida por mor dos xigantescos incéndios forestais que rodearon a capital rusa durante este verán, convertendo os ceos nunha nube gris na que era imposíbel respirar. Así pois, durante unhas semanas a rodaxe tivo que se detér dado que a meirande parte da acción transcurre en exteriores.

Agora a produción ven de escomezar unha vez mais baixo a dirección de Chris Gorak e protagonizada por Olivia Thirlby e Emile Hirsch entre outros. A história vai sobre cinco rapaces americanos que fican atrapados en Moscú e deben loitar polas súas vidas no decurso dunha devastadora invasión alieníxena.

Tom Jacobson e Timur Bekmambetov son os produtores.