Perdidos nos Saturnos

958

PerdidosPerdidos foi o grande gañador na gala dos prémios Saturno celebrada o pasado día 24 de xuño, gañando catro galardóns, entre os que se incluiu a millor série de televisión, o millor actor (Matthew Fox), o millor actor secundário (Michael Emerson) e a millor actriz secundária (Elizabeth Mitchell).

Entre os filmes nominados, Enchanted levou-se tres prémios, incluindo o de millor película fantástica e millor actriz (Amy Adams). Sweeney Todd, Ratatouille e 300 recebiron dous prémios cadanseu.

A Académia de Cinema de Ciéncia-Ficción, Fantasía e Terror organizou a 34ª gala anual dos prémios Saturno nunha cerimónia que tivo lugar en Universal City, Califórnia, e que foi presentada por Jeffrey Ross.

Guillermo del Toro, o director da vindeira Hellboy II: The Golden Army, aceptou o prémio Memorial George Pal, mentres que os produtores Robert Halmi Sr. e Robert Halmi Jr. recebiron o prémio á carreira de toda unha vida. O director Matt Reeves foi honrado co prémio Filmmakers Showcase polo seu filme Cloverfield.

A listaxe completa dos gañadores vai de seguido.

  • Millor Filme de Ciéncia-Ficción: Cloverfield
  • Millor Filme Fantástico: Enchanted
  • Millor Filme de Terror: Sweeny Todd: The Demon Barber of Fleet Street
  • Millor Filme de Acción/Aventura/Thriller: 300
  • Millor Actor: Will Smith (I Am Legend)
  • Millor Actriz: Amy Adams (Enchanted)
  • Millor Actor secundário: Javier Bardem (No Country for Old Men)
  • Millor Actriz secundária: Marcia Gay Harden (The Mist)
  • Millor Actuación dun actor novo: Freddie Highmore (August Rush)
  • Millor Dirección: Zack Snyder (300)
  • Millor Guión: Brad Bird (Ratatouille)
  • Millor Vestiário: Collen Atwood (Sweeney Todd: The Demon Barber of Fleet Street)
  • Millor Maquillaxe: Ve Neill e Martin Samuel (Piratas do Caribe 3)
  • Millores efectos especiais: Scott Ferrar, Scott Benza, Russell Earl e John Frazier (Transformers)
  • Millor Filme de debuxos animados: Ratatouille
  • Millor Filme non americano: Eastern Promises
  • Millor Série de televisión: Perdidos
  • Millor série de televisión por cabo: Dexter
  • Millor episódio nunha série de televisión: Pai de Família: Blue Harvest
  • Millor Actor de Televisión: Matthew Fox
  • Millor Actriz de Televisión: Jennifer Love Hewitt (Ghost Whisperer)
  • Millor Actor secundário de Televisión: Michael Emerson (Perdidos)
  • Millor Actriz secundária de Televisión: Summer Glau (Terminator: Sarah Connor Chronicles) e Elizabeth Mitchell (Perdidos)
  • Millor Lanzamento en DVD: O Gabinete do Dr. Caligari
  • Millor Edición especial en DVD: Blade Runner ultimate edition
  • Millor Filme clásico en DVD: The Monster Squad
  • Millor colección de DVD: Mario Bava Box Sets 1 & 2
  • Millor série de televisión en DVD: Heroes
  • Millor lanzamento dunha série antiga de televisión en DVD: Twin Peaks