Pinocho regresa ao cinema

0
191

Bryan Fuller (Dead Like Me, Pushing Daisies) foi finalmente o elixido para escribir o guión do filme que levará ao cinema e con actores de carne e óso ao persoaxe de Pinocho para a Warner Bros. Pictures.

O libro de Carlo Collodi Le avventure di Pinocchio (As aventuras de Pinocho) foi publiado por primeira vez en 1883, pero é coñecido sobre todo pola adaptación en debuxos animados que realizou a Disney en 1940.

Dan Jinks será o produtor, e dixo que ven de “atopar un achegamento fresco que será moi entretido“, citando o éxito do recente filme de Tim Burton Alice in Wonderland coma inspiración.