Mentres a franquía de Harry Potter vai-se achegando rapidamente ao seu final, a Warner Bros. Pictures planea xa dar un novo pulo ás adaptacións ao cinema dos persoaxes da DC Comics para encher o óco dos filmes de grande orzamento.
No decurso dunha conferéncia financeira, o CEO da Warner Barry Meyer dixo que haberá un “anúncio organizacional” a semana que ven. Nalgures durante o mes que ven os estudos desvelarán os detalles de vários superheroes que serán presentados aos espectadores e non só mediante longametraxes.
Meyer engadiu que os estudos planean facer algo “moi empresarial” coas súas propriedades. Mesmo consideran a posibilidade de facer un filme en 3D coa franquía de Harold & Kumar, unha comédia protagonizada por dous drogaditos interpretados por John Cho e Kal Penn.