Spielberg desata o Robopocalipse

0
228

Seica o mesmo Steven Spielberg en persoa está a considerar a ideia de dirixir o filme Robopocalypse coma ún dos seus seguintes proxectos para a Dreamworks Pictures.

Baseada nun manuscrito non publicado de Daniel H. Wilson, a história explora o destino da raza humán após dunha revolución dos robots. Wilson, que posúe un doutorado en Robótica, puido aportar á súa ideia un alto grao de autenticidade derivada dos seuscoñecementos naauténtica tecnoloxía dos robots.

Drew Goddard (Cloverfield) ven de lle entregar un novo guión aos estudos, que o están a ler nestes intres. Spielberg pola súa banda ainda non ten claro cal será o seu seguinte traballo após de rematar de dirixir The War Horse.