O novo Pinhead

0
206

Stephan Smith Collins fará-se co papel do cenobita Pinhead (Cabeza de Alfinete) na vindeira entrega da saga de terror Hellraiser: Revelations para a Dimension Films.

A história vai sobre dous amigos, Nico (Jay Gillespie) e Steve (Nick Eversman), que liberan ao Pinhead mentres están nunha viaxe de turismo por México. Cando Steve pode ceibar-se do seu trato co maligno demo, deberá entregar a cambio a algún dos seus familiares.

Devon Sorvari, Steven Brand, Sanny Van Heteren, Tracey Fairaway e Daniel Buran son os outros membros do reparto, no que Collins sustitúe a Doug Bradley, o actor que fixera o papel de Pinhead nas anteriores oito entregas desta franquía.

Gary J. Tunnicliffe escribiu o guión e Victor Garcia (Return to House on Haunted Hill) dirixe o proxecto, que está xa a se rodar en Los Angeles.