As voces de Frankenweenie

0
199

Catro protagonistas de anteriores filmes de Tim Burton axuntarán as súas forzas co famoso director en Frankenweenie, a súa vindeira película de debuxos animados que utilizará a técnica de stop motion na Disney Pictures.

Baseada na curtometraxe de terror do mesmo Burton de 1984 que fixo cando só era un estudante, a história vai sobre un home que resucita ao seu can despois de que este for atropelado por un coche. O filme, que mistura terror e comédia, será rodado en branco e negro e en 3D.

Winona Ryder interpretará a Elsa mentres que Martin Landau fará de Mr. Rzykruski. Martin Short fará vários papei, incluindo a Bob, Nassor, Toshiaki, o pai de Victor e Mr. Bergermeister. Catherine O’Hara porá-lle tamén a voz a vários persoaxes, coma Edgar, a Rapaza Misteriosa, a nai de Victor e o profesor de ximnásia.

John August adaptou o guión deste filme, que ten prevista a súa estrea para o 9 de marzo de 2012.