O Home Alto

0
202

Jodelle Ferland, Samantha Ferris, William B. Davis e Teach Grant son as novas incorporacións ao elenco de actores que interpretarán o thriller de suspense de 15 millóns de dólares de orzamento The Tall Man.

O primeiro filme en inglés do director Pascal Laugier está protagonizado por Jessica Biel no papel dunha nai cuxo fillo é secuestrado por unha misteriosa figura fantasmal coñecida coma O Home Alto (Tall Man). Polo de agora e dado o pouco que se sabe do argumento, non se sabe se podería ter relación co Slender Man, a lenda urbá creada na Internet. A nai comezará unha intensa procura polo seu fillo, e deberá descubir o que hai atrás deste mistério.

Laugier escribiu o guión e será o director. A rodaxe escomezará dentro duns días en Vancouver.