Ron Eldard, Noah Emmerich, Gabriel Basso, Joel Courtney, Riley Griffiths, Ryan Lee e Zach Mills son os actores cuxos nomes únen-se aos dos protagonistas do vindeiro proxecto conxunto de J.J. Abrams e Steven Spielberg Super 8 na Paramount Pictures.
Os papeis principais xa estaban ocupados por Kyle Chandler (Friday Night Lights) e Elle Fanning (Somewhere) pero polo de agora isto é todo o que se sabe do proxecto super secreto cuxa rodaxe escomezou o martes en Weirton, West Virginia, unha vila que foi transformada para se asemellar ao Ohio de 1979.
Ainda que o argumento e mais os persoaxes continúan sendo un mistério, xa hai algunhas fotos dos escenários de rodaxe e dalgúns actores espallándo-se pola rede.