Gonzalez é o Riptide

0
178

O actor español Álex González ven de se unir ao reparto de X-Men: First Class na 20th Century Fox, segundo revelou a revista española Fotogramas.

González interpretaría a Janos Quested (Riptide), un mutante malvado membro dos Merodeadores cuxa habilidade consiste en xirar o corpo a alta velocidade e logo lanzar coitelas e outros obxectos afiados que, dependendo do grao de velocidade, poden atravesar o aceiro e inflinxir graves danos nos seus inimigos. Nos cómics, foi o primeiro Merodeador en morrer cando Coloso crebou-lle o pescozo.

Matthew Vaughn está a dirixir este filme actualmente en escenários do Reino Unido.