Os Trífidos en 3D

0
165

Don Murphy e Michael Preger serán os encargados de producir unha adaptación en 3D ao cinema da clásica novela de ciéncia-ficción de John Wyndham The Day of the Triffids, escrita en 1951.

Os Trífidos son unha espécie vexetal intelixente e agresiva cun aguillón velenoso. A humanidade leva tempo cultivándo-a para obter aceite. Pero cando unha chúvia de meteoros impacta contra a Terra deixando á humanidade ao bordo da extinción, a civilización desaparece e os poucos que sobreviven tentan establecer colónias na campina.

A história fora adaptada previamente ao cinema en 1962 e na televisión inglesa en 1981. Preger tamén produciu unha mini-série para a televisión en Inglaterra en 2009, que protagonizaron Dougray Scott, Eddie Izzard e Vanessa Redgrave.

As tres adaptación anteriores estiveron limitadas pola tecnoloxía empregada, que non lles permitiu facer as plantas abondo ameazadoras coma para seren convincentes, polo que tiveron que se adicar mais aos aspectos de terror escuro e de suspense da novela. Agora, a parella de produtores ten confianza en que cos novos avances tecnolóxicos no eido das 3D teñan por fin as ferramentas para crear a visión de Wyndham do Armaxedón.