Coster-Waldau protagonizará Virtuality

0
231

Nikolaj Coster-WaldauNikolaj Coster-Waldau, o protagonista da série sobrenatural cancelada New Amsterdam, será o protagonista do episódio piloto de dúas horas de duración da nova série de ciéncia-ficción da canle Fox Virtuality.

Virtuality, unha série orixinal do produtor executivo de Battlestar Galactica Ronald D. Moore, está ambientada a bordo da primeira nave interestelar da Terra, que está equipada con módulos de realidade  virtual. Coster-Waldau será o comandante da misión Frank Pike, un líder nato.

Moore e máis Michael Taylor escribiron o guión do episódio piloto, que será dirixido por Peter Berg (o realziador do filme satírico de super-heroes recén estreado Hancock).

Coster-Waldau xa interpretou ao persoaxe principal na série New Amsterdam, onde era o detective de homicídios de New York John Amsterdam.