O spinoff da Viúva Negra

0
194

Corre o rumor de que Scarlett Johansson está en conversas coa Marvel Studios para protagonizar no cinema unha secuela do seu persoaxe de Iron Man 2, a espía asasina Natasha Romanoff, mais coñecida entre os afeccionadosaos cómics coma a Viúva Negra.

Nunha conferéncia de prensa co gallo do lanzamento de Iron Man 2 en DVD, o xefe da Marvel Kevin Feige dixo que “xa comezamos a discutir con Scarlett sobre a ideia dun filme con ela de protagonista única e temos que axuntar algúns conceptos, pero [o filme de] Os Vingadores está antes“.

Johansson xa ten decidido repetir o seu papel de Romanoff neste vindeiro proxecto da Marvel, que axuntará aos seus millores super-heroes no grupo d’Os Vingadores.